Presentación

Saúdo de benvida

Desde a Secretaría Xeral do Benestar da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, coa colaboración do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, queremos saudar aos/ás profesionais que traballades coas familias e infancia e invitarvos a que vos acheguedes a Santiago de Compostela, para compartir, reflexionar e debater sobre a realidade actual e as perspectivas do ACOLLEMENTO FAMILIAR INFANTIL.

Na Comunidade Autónoma Galega, no marco do Plan Estratéxico Galego da Infancia e da Adolescencia, 2007 - 2010, PEGIA, apostamos, dentro da planificación destinada ao ámbito da PROTECCIÓN, por un obxectivo central que é o de situar o dereito de todo/a neno/a a vivir no seo dunha familia.

Dado que o ACOLLEMENTO FAMILIAR é un proceso complexo pensamos que precisa de profesionais especialmente cualificados e sensibles a esta alternativa de atención á infancia e por elo é necesario reflexionar e buscar novas formas adaptadas aos intereses e necesidades dos/das menores.

Ao longo de tres días tentaremos analizar a realidade desta medida nas distintas comunidades autónomas así como en outros países do noso contorno e tamén sensibilizar sobre a capacidade deste recurso protector, tanto a institucións e profesionais dos servizos de protección infantil como a sociedade en xeral.

Teremos tamén a oportunidade de compartir con vós a nosa proposta de Campaña de Sensibilización da sociedade galega para persoas e familias que queiran acoller a un neno ou unha nena.

Esperamos e desexamos que no CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE ACOLLEMENTO FAMILIAR, a desenvolver os vindeiros 13, 14 e 15 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, fagamos deste encontro un estímulo para seguir avanzando na implantación de medidas de protección da infancia.

A Secretaria Xeral do Benestar

María Jesús Lago Vilaboa. Secretaria Xeral do Benestar

Descarga do programa

[PDF 58.8 Kb]

Organiza

Colabora

Secretaría Xeral do Benestar

Reserva de Hotel

CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE ACOLLEMENTO FAMILIAR
SANTIAGO DE COMPOSTELA - PAZO DE CONGRESOS
13, 14 e 15 de outubro do 2008